Mr.Misto Films pon a disposición dos seus clientes un servizo de deseño loxístico das súas actividades tanto no eido audiovisual coma da xestión cultural. Mr.Misto encárgase da posta en marcha de proxectos por encargo así como de desenvolver os seus propios.
Mr.Misto Films realiza o deseño e a produción de actos protocolarios e de representación; deseño e produción de xornadas, foros ou encontros de diverso tipo; eventos de comunicación social; así como proxectos de comunicación corporativa.
No seu afán por ofrecer un servizo integral, Mr.Misto Films está presente nos diferentes procesos da actividade a desenvolver.
- Na preprodución: deseñando a posta en marcha do evento, tanto a nivel infraestrutural coma humano, e realizando as campañas de promoción e difusión precisas.
- Na produción: Mr.Misto Films coordina o desenvolvemento da actividade así como o equipo humano que forma parte do mesmo. Tamén se levan a cabo accións comunicativas de cara a publicitar o evento.
- Unha vez rematada a actividade Mr.Misto Films realiza unha memoria final na que se abordan todos os aspectos que deixou tras de si e na que se inclúe un resumo da repercusión publicitaria coa que contou o evento.