mrmistofilms

Mr Misto Films » Xestión Audiovisual

Entre os servizos que presta Mr.Misto Films atópase o de consultoría cultural. Un servizo novidoso que trata de sacar o máximo proveito das actividades organizadas tanto por parte das administracións públicas, como dos colectivos culturais.

Mr.Misto Films realiza unha análise do público obxectivo que existe en cada ámbito de actuación e estuda cales son as súas preferencias para deseñar unha programación cultural acorde coas súas demandas.

O resultado é unha oferta cultural multidisciplinar na que se combinan dende o audiovisual até a música, o teatro, o circo, os contos, as performances...

Unha vez deseñada a oferta cultural, Mr.Misto Films encárgase tamén da difusión publicitaria e mediática dos mesmos, organizando as roldas de prensa e os actos precisos para a súa promoción.

Entre os traballos máis destacados realizados até o momento atópanse:

©2007 Mr Misto Films
Un deseño de Mr Misto Design
Delegacion Norte: 981 667 665 | Delegación Sur: 986 189 496
Enderezo electrónico: contacto@mrmisto.com